martes, 10 de diciembre de 2013

SESIÓN 13

10/12/13 Subimos o caso real ao power point. Non deu tempo a buscar unha mellor definición.
 No deu tempo a facer moito porque os ordenadores tardaron moito tempo en cargar e non puidemos buscar nada.

lunes, 9 de diciembre de 2013

CASO REAL

Charlotte Fedders aparentemente tiñao todo: casada cun próspero e bó mozo avogado, nai de cinco fillos saudables, ten unha casa con cinco dormitorios, socia dun exclusivo club, etc.
Pero detrás desa fachada escondíase algo horrible: ou abuso físico e emocional ao que ou seu esposo á sometía a ela e aos seus fillos. Durante 17 anos aguantou en silencio. 
Finalmente, Charlotte se armouse de forzas para abandonar ao seu abusivo marido, e agora é unha campioa na defensa de mulleres maltratadas. Publicou un libro titulado "Shattered Dreams" e testificou ante ou Congreso. Ten como metas elevar a conciencia sobre o problema e obter reformas legislativas no área da violencia doméstica. 
Quere axudar a que comprendan que ningunha persoa ten dereito de aterrorizar a outra

Ao principio era novo...el era bo tipo. Considerábaá bonita, intelixente e digna de ser amada. O día da voda camiñaron felices pola nave central da Igrexa
Logo viñeron as palabras amenazadoras... Facíaa sentir, fea, bruta, indigna do amor de Deus e dos humanos. Comeceu a chorar todas as noites". 
Máis tarde chegaron os golpes...El dicíalle que mo merecía...Pensei que quizais el tería razón...Eu recordaba que prometera ser a súa esposa para sempre. 
Finalmente abreu os ollos e chegoulle a liberación. O problema non era seu, senón del. Unha mañá de primavera decidiu comezar a sua vida de novo, soa. Deixouno e falou. Prometeuse que nunca máis viviría ese tipo de violencia e así foi.

SESIÓN 12

9/12/13 Corriximos as faltas de ortografía , o guión da presentación e subimos ao blog un caso real de violencia de xénero.David e Javier corrixiron as faltas de ortografía (por algún extraño motivo todas estaban en entradas de Antía) , Antía subiu o caso real e María fixo o guión da presentación.

martes, 3 de diciembre de 2013

SESIÓN 11

3/12/13
  Subimos as enquisas ao blog dos rapaces e rapazas.
 David e Javier fixeron as dos rapaces e Antía e María as das rapazas

PRESENTACIÓN ENQUISA VIOLENCIA DE XÉNERO

ENQUISA VIOLENCIA DE XENERO RAPACES


1. Moléstate que a tua parella fale con outros rapaces?
a) Si                                      
b) Non                                  
c)As veces

2. Fixécheslle sentir medo?
a) Si
b) Non
c) As veces

3. Controlas o seu móbil?
a) Si 
b) Non
c) As veces

4.  Humillaches ou ridiculizaches a túa parella nalgun momento?
a) Si
b) Non
c) As veces

5. Quixeches saber onde estaba e con que iba?
a) Si
b) Non
c) As veces

6.Intentaches afastala das súas amizades?
a) Si
b) Non
c) As veces

7. Algunha vez púxecheslle un mote molesto para ela?
a) Si
b) Non
c) As veces

8.Controlas a roupa que leva?
a) Si
b) Non
c) As veces

9. Fixécheslle crer que non valía nada nalgún momento?
a) Si
b) Non
c) As veces

10.Sínteste celoso?
a) Si 
b) Non
c) As veces

ENQUISA VIOLENCIA DE XÉNERO RAPAZAS

Se falas con outros rapces moléstalle a túa parella
a) Si 
b) Non
c) As veces

Fíxoche sentir medo
a) Si
b) Non
c) As veces

Controla o teu móbil
a) Si 
b) Non
c) As veces

Sentícheste humillada ou ridiculizada nalgun momento
a) Si
b) Non
c) As veces

Quiso saber onde estabas e con que ibas
a) Si
b) Non
c) As veces

Intentou afastarte das túas amizades
a) Si
b) Non
c) As veces

Algunha vez púxoche un mote molesto para ti
a) Si
b) Non
c) As veces

Controla a roupa que levas
a) Si
b) Non
c) As veces

Fíxoche crer que non valías nada nalgún momento
a) Si
b) Non
c) As veces

É celoso
a) Si 
b) Non
c) As veces

SESIÓN 10


2/12/13
Calculamos os porcentaxes das enquisas e os puxemos na presentación. Deu tempo a rematar.
David non asistiu a esta sesión.

martes, 26 de noviembre de 2013

SESIÓN 9


26/11/13

Fixemos as enquisas sobre a violencia de xenero pero non deu tempo a rematalas porque baixamos un pouco tarde a aula de informatica.
David e Javier estiveron elaborando a enquisa para os homes e María e Antía para as mulleres.
Todos os membros fixemos as nosas tarefas.

O traballo non rematado o rematara Antía e María na casa.

lunes, 25 de noviembre de 2013

SESION 8


25/11/13

Tentamos traballar todos por igual, fixemos algunha pregunta da enquisa e aínda non a rematamos.




Faltou Javier P.L.

domingo, 24 de noviembre de 2013

CARGOS E FUNCIONS 1

 CARGO
 FUNCIÓNS E TAREFAS
 DATA DE INCORPORACION
 Coordinador (Antía T.R.)
 Modera as actividades, controlan que sigan os pasos. 
É o voceiro do grupo.
7/10


 Secretaria (María P.F.)
 Toma notas e enche as follas do equipo, controla o ton de voz.
7/10
 Encargada de material (David T.G.)
 Encárgase de coller, levar, coidar o material.
7/10
 Axudante (Javier P.L.)
Axuda a quen o precise, fai as tarefas dun compañeiro/a que se ausente 
7/10

sábado, 23 de noviembre de 2013

CARGOS E FUNCIÓNS 2


 CARGO
 FUNCIÓNS E TAREFAS
 DATA DE INCORPORACION
 Coordinador (Javier P.L)
 Modera as actividades, controlan que sigan os pasos.
É o voceiro do grupo.
 7/11
 Secretario (David T.G)
 Toma notas e enche as follas do equipo, controla o ton de voz.
 7/11
 Encargada de material (María P.F)
 Encárgase de coller, levar, coidar o material.
 7/11
 Axudante (Antía T.R)
Axuda a quen o precise, fai as tarefas dun compañeiro/a que se ausente 
 7/11

jueves, 7 de noviembre de 2013

SESIÓN 7



   

04/11/2013
Estivemos facendo o guión da presentación do que fixemos estes días, o acabamos e traballamos ben.
Javier e David dedicáronse a modificar as páxinas para ofender a outro compañeiro. Durante todos os días Javier  poñíase nun ordenador para el solo e non o compartía.


COMO PREVIR A VIOLENCIA DE XÉNERO



Ofrecendo unha educación en valores onde a transmisión de valores é unha responsabilidade compartida entre a familia, a escola e a sociedade. Algúns dos valores que debemos de transmitir son:

  • AUTOESTIMA: a autoestima é o valor que cada persoa se asigna a se mesma.
  • COOPERACION: o obxectivo constante da cooperacion é o beneficio mutuo nas interrelacións humanas, e fundaméntase no principio do respecto mutuo.
  • HONESTIDADE: é o recoñecemento do que esta ben e é apropiado para as nosas relacións.
  • RESPETO: respeto é o recoñecemento do valor inherente e os dereitos innatos dos individuos e da sociedade. O respecto comeza na propia persoa.
  •  RESPONSABILIDADE: unha persoa responsable cumpre co deber que se lle asigno e permanece fiel ao obxectivo.
  • TOLERANCIA: o proposito da tolerancia é a coexistencia pacifica.
  • SOLIDARIEDADE: a solidariedade constrúese a partir dunha visioncompartida, unha esperanza, un fin ou unha causa para o ben comun.

COMO SE MANISFESTA A VIOLENCIA DE XÉNERO?


Hai moitas formas de violencia contra as mulleres, aquí achegamos algunhas indicacións para poder identificalas.
 
Violencia física
Inclúe calquera acto de forza contra o corpo da muller, con resultado ou risco de producir lesión física ou dano: labazadas, golpes, queimaduras, beliscos, tiróns de pelo, picadas, empuxóns, lanzamento de obxectos, uso de armas, intentos de estrangulamento, intentos de asasinato, intentos de provocar abortos...
O maltrato físico é o máis evidente e o máis doado de demostrar; aínda así,  non é preciso que se requira atención médica ou que teña efectos visibles no corpo. É moi probable que comece cun simple golpe ou labazada.
Violencia psicolóxica
Inclúe toda conduta, verbal ou non verbal, que produza na muller desvalorización ou sufrimento: insultos (expresión como: estás louca, es unha histérica, ignorante, atrasada, fea); menosprezos (expresións como: non serves para nada, non es capaz de facer nada ben, mala nai, se non fose por min onde irías?..); intimidacións / ameazas (expresións como: voute matar, vaite da casa, vouche quitar os/as nenos/nenas, voute fundir..); abuso de autoridade ( por exemplo: rexistra as túas cousas, revisa o teu correo, preguntas cousas como “con quen estivestes hoxe?”, chegastes 10 minutos tarde…); falla de respecto (non respecta as túas necesidades, sentimentos, opinións, desexos e manipula o que dis, destrúe obxectos de especial valor para ti, ignora a túa presenza, desautorízate diante dos nenos/nenas..); esixir obediencia (non quere que a muller traballe fóra da casa, non quere que estude, quere que se vista como el quere, contrólalle o tempo, pregúntalle "a que hora chegas?", dille “quita esa roupa e vístete como Deus manda”…); utilización das fillas e fillos (ameaza con quitarlle as/os menores, ameázaos e maltrátaos, obrígalle a que fagan de espías, culpabiliza constantemente á nai); castigar co silencio e incomunicación (o silencio reiterado pode chegar a ferir tanto como as palabras); culpabilizar á muller de todo o que ocorre na casa de modo que ao final ela pensa que é a culpable de todas as situacións de tensión; amosar celos (acusar constantemente de ser infiel e coquetear con outros homes, impedir relacións con amigos/as e familiares, illar a muller de toda a súa contorna...).
O maltrato psíquico é o máis difícil de detectar, dado que as súas manifestacións poden adquirir gran sutileza; non obstante, a súa persistencia no tempo deteriora gravemente a estabilidade emocional, destruíndo a autoestima e a personalidade da muller.
Violencia sexual e abusos sexuais
Inclúen calquera acto de natureza sexual forzada polo agresor ou non consentida pola muller, e que abarcan a imposición, mediante a forza ou con intimidación, de relacións sexuais non consentidas, e o abuso sexual, con independencia de que o agresor garde ou non relación conxugal, de parella, afectiva ou de parentesco coa vítima.
Acoso sexual
Inclúe aquelas condutas consistentes na solicitude de favores de natureza sexual, para si ou para unha terceira persoa, nas que o suxeito activo se vale dunha situación de superioridade laboral, docente ou análoga, co anuncio expreso ou tácito á muller de causarlle un mal relacionado coas expectativas que a vítima teña no ámbito da devandita relación, ou baixo a promesa dunha recompensa ou dun premio no ámbito desta.
O tráfico de mulleres e nenas con fins de explotación
Inclúe a captación, o transporte, o traslado, a acollida ou a recepción de persoas, especialmente de mulleres e nenas, que son as súas principais vítimas, recorrendo á ameaza ou ao uso da forza ou outras formas de coacción, ou rapto, ou fraude, ou engano, ou abuso de poder ou dunha situación de vulnerabilidade ou a concesión ou recepción de pagos ou beneficios para obter o consentimento dunha persoa que teña autoridade sobre outra, con fins de explotación. Esa explotación incluirá, como mínimo, a explotación da prostitución allea ou outras formas de explotación sexual, os traballos ou servizos forzados, a escravitude ou as prácticas similares. Independentemente da relación que una á vítima co agresor e o medio empregado.
Violencia económica
Inclúe a privación intencionada, e non xustificada legalmente, de recursos para o benestar físico ou psicolóxico da muller e das súas fillas e fillos ou a discriminación na disposición dos recursos compartidos no ámbito da convivencia de parella.
O maltratador considera que a muller é incompetente e que non administra ben ou  gasta os cartos  en cousas innecesarias, polo que non pode tomar decisións sobre o destino do gasto.

PORQUE SE PRODUCE A VIOLENCIA DE XÉNERO?



Entre as causas desencadeantes de violencia contra a muller, pódense enumerar as que a grandes trazos serían as principais:
  • O alcoholismo: Nunha gran porcentaxe de veces, o agresor encóntrase baixo os efectos desta droga (ou algunha outra). 
  • Ignorancia: e falta de conciencia respecto a crer que a mellor forma de cambiar a situación, é a través da violencia.
  • A Incapacidade: De aprender a controlar os impulsos que levan a cometer o acto en se.
  • Historial de violencia: Un neno desenvolvido nun ambiente conflitivo, ha de ser (con grandes posibilidades) un adulto problemático e violento.
  • A misoxinia: É o odio ou rexeitamento cara as mulleres.