martes, 29 de octubre de 2013

QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO?

A violencia de xénero constituíuse como un fenómeno invisible durante décadas, sendo unha das manifestacións máis claras da desigualdade, subordinación e das relacións de poder dos homes sobre as mulleres. A constatación da existencia desta situación, marcará un antes e un despois na consideración legal e social dos dereitos e liberdades das mulleres.
De feito, xa en 1980, a II Conferencia Mundial sobre a Condición Xurídica e Social da Muller, establecía que a violencia contra as mulleres supón o crime máis silenciado do mundo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario